Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra

A relación de Pontevedra co jazz é intensa e duradeira. Desde xa hai vinte e catro anos, cada mes de xullo volve o Festival Internacional de Jazz e Blues, que, en certo modo, representa a culminación das actividades jazzísticas que se desenvolven na nosa cidade durante o ano.

A zona monumental de Pontevedra énchese de boa música, con artistas de nivel internacional case sempre inéditos en Galicia, ás veces irrepetibles. E mantendo, como non, os seus sinais de identidade: concertos gratuítos de jazz e de blues, prestando unha especial atención aos músicos galegos.

Para a XXIV edición do festival preparamos un cartel xeométrico que xoga coa idea de labirinto, un labirinto con forma de instrumento e que fai unha alegoría a improvisación, algo tan recorrente na música jazz.

Realizamos dous carteis, en negativo e positivo, en dúas tintas negro e ouro que veñen a demostrar a elegancia do sinxelo, como a propia música.

Este traballo foi premiado nos Premios Anuaria, un dos certames de deseño gráfico máis recoñecidos de España, non subvencionados pola administración e con máis soporte do sector, cun xurado formado exclusivamente por representantes das asociacións profesionais.

Traballo premiado nos PREMIOS ANUARIA coa SELECCIÓN ANUARIA 2017. Mellor cartel

 

anuaria_web

 

 

 

 

 

 

FESTIVAL DE JAZZ 2016 2 CARTELES

 

 

 

CARTEL FESTIVAL DE JAZZ 2016 ORO1 CARTEL FESTIVAL DE JAZZ 2016 NEGRO CARTEL FESTIVAL DE JAZZ 2016 DETALLE CARTEL FESTIVAL DE JAZZ 2016 FOLLETO DETALLE2 CARTEL FESTIVAL DE JAZZ 2016 FOLLETO TRASERA CARTEL FESTIVAL DE JAZZ 2016 FOLLETO INTERIOR

CARTEL FESTIVAL DE JAZZ 2016 BANDEROLA 1

CARTEL FESTIVAL DE JAZZ 2016 FACEBOOK CARTEL FESTIVAL DE JAZZ 2016 ESCENARIO CARTEL FESTIVAL DE JAZZ 2016 TEUCRO