Veoflat, videomarketing inmobiliario

7 / 02/ 2019

A finais do 2016 e principios do 2017 aínda era a fotografía a reina da comunicación no sector inmobiliario nacional pero xa empezaban, as grandes empresas do sector, a presentar as súas propiedades con propostas de vídeo máis ou menos profesionais.

Neste contexto do mercado uníronse un grupo de operadores de cámara, arquitectos e deseñadores de interiores coa idea de crear un novo negocio e aínda que tiñan claro os produtos a ofrecer non tanto os formatos ou a configuración da empresa.

Realizamos un pequeno estudio de mercado sobre o formato vídeo, unha enquisa a nivel local en inmobiliarias, e os datos viñeron a corroborar o que xa sabíamos, o crecemento  desta forma de comunicación é imparable. Como demostran os datos das enquisas a expertos de marketing e de métricas que analizan campañas e contidos nos que intervén o vídeo:

  • Os anuncios de vivendas que inclúen un vídeo, reciben un 403% máis de consultas.
  • Incorporar un vídeo na proposta enviada por email, incrementa a taxa de clic nun 200-300%.
  • A conversión de usuarios en landings pages con vídeo, increméntase un 80%.

Unha vez avaliada a viabilidade do proxecto sentamos a base do mesmo: crear formatos audiovisuais que xeren valor ao usuario, desperten a súa curiosidade e interese a través dun bo guión e a calidade da imaxe e o son.

Este proxecto, totalmente transversal,  comezou axudando aos clientes a definir o modelo de negocio e a súa denominación como videomarketing inmobiliario, un concepto que empezaba a coñecerse naquela época. Partindo de cero abarcamos desde o branding (construción da marca), o naming (a proposta e elección do nome) o deseño do logotipo e o desenvolvemento da identidade corporativa.

Para o naming o obxectivo era a busca dunha denominación sinxela e que vinculara rapidamente a acción de ver, que neste caso é o fin último dos vídeos, co de mostrar unha propiedade inmobiliaria, neste caso escollemos “flat” polas dúas acepcións: piso e plano.

Para a creación da identidade a nosa prioridade foi a funcionalidade do logotipo, unha volta ao deseño clásico onde menos é máis. Presentamos unha proposta sinxela, elegante e clara, coa visión posta na adaptación a sitios web e con formatos que axuden ao seu funcionamento, por exemplo con algo tan doado como crear o logotipo horizontal.

Veoflat naceu cunha vocación totalmente online e para a súa web traballamos nun deseño sinxelo e eficaz que explica os servizos que ofertan de maneira atractiva e moi visual. Unha estética nítida, limpa e totalmente adaptable a tablet e móbil.

Creamos os contidos e definimos unha estratexia de marketing para vendas baseada en packs por moitas razóns, a máis importante a confianza do cliente xa que o ser un produto descoñecido para el é de gran axuda ter un prezo pechado e as características do servizo definidas, a súa vez tamén axiliza o proceso de compra.

Veoflat pretende transmitir unha idea de marca nova e moi vital, versátil e con gran capacidade de adaptación aos cambios no sector, para saber algo máis deste novo concepto de vídeo podes visitar a súa web www. veoflat.com

 

logotipo veoflat mockup veoflat VEOFLAT 1 MONITOR VEOFLAT 4 veoflat