Veoflat, videomarketing inmobiliario

A finais do 2016 e principios do 2017 aínda era a fotografía a reina da comunicación no sector inmobiliario nacional pero xa empezaban, as grandes empresas do sector, a presentar as súas propiedades con propostas de vídeo máis ou menos profesionais.

Neste contexto do mercado unironse un grupo de operadores de cámara, arquitectos e interioristas coa idea de crear un novo negocio que acabamos denominando: videomarketing inmobiliario, para saber algo máis deste novo concepto podes visitar a súa web www. veoflat.com

Este proxecto, totalmente transversal,  comezou axudando aos clientes a definir o modelo de negocio e partindo desde punto abarcamos desde o branding (construción da marca), o naming (a proposta e elección do nome) o deseño do logotipo e o desenvolvemento da identidade corporativa.

Veoflat naceu cunha vocación totalmente online e para a súa web traballamos nun deseño sinxelo e eficaz que explica os servizos que ofertan de maneira atractiva, clara e moi visual. Unha estética nítida, limpa e totalmente adaptable a tablet e móbil.

Creamos os contidos e definimos unha estratexia de marketing para ventas baseada en packs por moitas razóns, a máis importante neste caso foi que o cliente teña un prezo pechado sobre un servizo que o ser descoñecido para el causa dúbidas e medos no proceso de compra/contratación.

Veoflat pretende transmitir unha idea de marca nova e moi vital, versátil e con gran capacidade de adaptación aos cambios no sector.

 

VEOFLAT LOGOTIPO mockup veoflat VEOFLAT 3 VEOFLAT 2 VEOFLAT 1