SERVIZOS
Implicámonos cos nosos clientes en todo o proceso estratéxico e de deseño, afrontando tanto grandes como pequenos proxectos coa mesma profesionalidade. Creamos un entorno axeitado para escoitar as necesidades do cliente, estudando caso a caso e aportando solucións adaptadas.
En resumo, ofrecemos asesoría e xestión integral da imaxe e da comunicación, dende a consultoría ata o arte final.
Entendemos o deseño como unha maneira de mellorar o noso entorno, e somos conscientes de que os mellores traballos nacen do esforzo e a paixón. Poñemos a túa disposición o noso coñecemento e experiencia para levar a cabo propostas únicas e de calidade, tanto a nivel estético como funcional.
Bota unha ollada ao que podemos facer por ti!
DESEÑO GRÁFICO
A imaxe comunica
As persoas procesamos as imaxes 600 veces máis rápido que os textos e recordámolas o 80% das veces. Mudamos as túa mensaxe en proxectos visuais, aportando a túa marca un valor distintivo.
Campaña | Identidade | Cartelería e material promocional
PACKAGING – EMBALAXES
A pel da marca
Recoñecibles, diferenciais, funcionais…como a portada dun libro, o deseño do packaging fala moito sobre a túa marca.
Caixas | Bolsas | Deseños a medida
XESTIÓN DA PRODUCCIÓN
Da nada ao todo
Desenvolvemos proxectos globais, pechando o círculo co cliente entregando os proxectos “chave en man”. Encargámonos da xestión da imprenta, rotulación e colocación, serigrafiados, ata a contratación de soportes, poñendo a disposición do cliente todos os nosos coñecementos sobre os diferentes tipos de materiais finais e de montaxes posibles.
MARKETING ONLINE
Non é só para millenials
Hoxe en día, para unha marca estar presente en medios e canais online non é unha opción, é unha necesidade. Melloramos a túa imaxe online cun contido único e diferente a través dunha xestión profesional e personalizada.
Estratexia| Planificación | Creación de contidos | Redes sociais
BRANDING – CREACIÓN DE MARCA
Todo importa
Deseñamos e rediseñamos identidades únicas e personalizadas cunha imaxe profesional que amosa a túa filosofía e valores. Xestionamos todos os elementos diferenciadores que envolven a túa marca.
Nome | Logotipo | Identidade | Papelería | Outras aplicacións
DESEÑO EDITORIAL
Harmonía perfecta entre forma e contido
Esta rama do deseño gráfico encárgase do deseño, maquetación e composición de todo tipo de publicacións.
Catálogos | Revistas | Libros | Presentacións
CREACIÓN E DESEÑO WEB
Servicio a medida
Axudámoste a atopar o teu lugar no mundo de Internet creando e deseñando o tipo de páxinas web, buscamos a que máis se adapte a túa marca, esforzándonos por conseguir que o noso cliente logre diferenciarse nun mundo tan complexo como o on-line.
Estrutura | Deseño | Creación de contidos | Programación
EVENTOS
Deseño, planificación e produción
Os eventos son unha nova oportunidade para achegar unha marca aos seus clientes e reforzar o posicionamento desta; por iso, encargámonos de deseñar e xestionar todo tipo de eventos.
Feiras | Exposicións | Xestión e montaxe | Deseño de stands
CLIENTES
