Poio recicla, reinviste e revive

4/ 06 / 2019

No ano 2017 contactou con nós a empresa Valoriza, que realiza o servizo de recollida selectiva de residuos para o Concello de Poio, coa idea de executar una campaña de fomento da reciclaxe. Esta campaña, Poio recicla, reinviste e revive, aínda hoxe está de total actualidade, quizais máis que nunca debido ao movemento ecoloxista estudantil, encabezado por Greta Thunberg, que nos últimos tempos se expande por toda Europa para exixir aos políticos que freeen o cambio climático.

Os mozos, conscientes de que o futuro do planeta atópase nunha sorte de abismo, están a organizarse. Fano abrazados á urxencia do momento e coa autoridade de ser a xeración que vivirá as consecuencias devastadoras da crise climática.

Aínda que, a día de hoxe, o reciclaxe xa non é suficiente segue a ser una ferramenta crave na loita contra o calentamento global e a destrución do planeta, que conleva enormes beneficios ambientais en canto ao aforro de materias primas, enerxía, auga e redución de emisións de efecto invernadoiro.

Nesta semana, que aproveitamos para recordar este traballo, sumámonos ao novo reto viral de ZERO WASTE para salvar ao planeta #boicotalplástico que propón deixar de consumir plásticos dun so uso co obxectivo de iniciar unha presión a gobernos, multinacionais e grandes superficies para que poñan fin a este tipo de plásticos, non reutilizábeis e dun uso excesivo e irracional.

Volvendo ao caso que hoxe nos ocupa, o cliente presentouse coa idea de realizar una campaña de publicidade de recordatorio xa que o que acusaban non era tanto a falta de reciclaxe, que tamén xa que en España so reciclamos o 25% dos envases que tiramos, senón os grandes niveis de impropios cos que se atopaba día a día. Con ese nome coñecen aos residuos que son depositados incorrectamente e, que en moitas ocasións, non se trata dun acto de mala fe senón dun erro cometido, ben por descoñecemento ou ben por equivocación, que entorpece o sistema e que no caso de ser moi abundantes fai que se chegue a prescindir de todo o colector. No briefing definimos a necesidade de dar a coñecer que eran os impropios, os niveis da zona e como repercuten no custo do servizo.

Pero, como implicar a cada un dos veciños nun acto persoal que afecta a todo o municipio?

Coa palabra aforro, un aforro ecolóxico pero tamén económico. A campaña pretende transmitir de maneira moi visual que a reciclaxe afecta o noso peto, tanto a nivel individual, na factura de cada fogar, como a nivel concello, xa que ese gasto extra da queima de residuos mal separados podería destinarse a outros servizos para o cidadán.

En cada unha da imaxes que compoñen a campaña podemos ver como escapan os cartos, literalmente no cartel xenérico, e metaforicamente nos outros tres carteis que reflicten outros posibles investimentos  en parques, iluminación, árbores…

O slogan “Poio recicla, reinviste e revive” pretende transmitir que:

cada vez que se RECICLA correctamente baixa o custo de xestión dos residuos, é un aforro que o Concello REINVISTE na mellora dos servizos, pode repercutir na taxa do lixo, e o máis importante, cada obxecto REVIVE e contribúe ao desenvolvemento sostible do planeta.

A campaña non perde a súa vocación didáctica e pretende que ningún cidadán de Poio dubide á hora de reciclar no seu fogar ou posto de traballo, para iso editamos un folleto moi completo onde se tratan todos os tipos de residuos, colectores, servizos… e tamén uns adhesivos para os colectores onde se explica que vai en cada un e sobre todo que non vai, xa que a a colaboración cidadá é a clave do éxito deste sistema, xa que, cada quilo mal clasifi­cado xoga na nosa contra.

Esta mesma información está dispoñible na web do concello, adaptada a formato dixital, para uso público.

E ti, reciclas? Carteis

Folleto de man poio recicla

poio recicla

Adhesivos explicativos para os colectores poio reciclapoio recicla