Museo da Historia da Cidade, Pontevedra

A riqueza arqueolóxica coa que o subsolo da cidade non deixa de de sorprendernos nos derradeiros anos, supón un enorme tesouro cultural do que disfrutar e amosar con orgullo. Configuran un conxunto que da conta da longa historia da vila, dende aquela vella ponte romana da que o mellor e máis significativo vestixio é o propio topónimo da cidade.

Pero é o medievo o grande protagonista deste rico patrimonio arqueolóxico, que xunto co patrimonio construído, fan de Pontevedra unha referencia da arqueoloxía e historia medievais en Galicia.

As estructuras portuarias medievais vinculadas á Ponte do Burgo na versión dese momento histórico, son exemplo case único. Tamén o foxo do desparecido Pazo Arcebispal, que será o punto de partida para o seu renacemento dixital. A todo este patrimonio arqueolóxico sumánselle aqueles edificios que afortunadamente non chegaron a ser “arqueolóxicos”; os conventos mendicantes de Santo Domingo, San Franciso e Santa Clara.

Un magnífico conxunto que nos regala a oportunidade de crear unha rede que terá como matriz o futuro Museo de Historia da Cidade  e formado polo: o CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais), xa construído a día de hoxe; o Conxunto Arqueolóxico do Campiño de Santa María, xa restaurado como paseo ou xardín arqueolóxico e a Cabeceira sur da Ponte do Burgo e antigo porto medieval, habilitada como museo ao aire libre.

No ano 2009 e co obxecto de mostrar e informar sobre este macro-proxecto creamos unha campaña cun “xogo-informativo” pola cidade, marcando con globos azuis os lugares de eses achados e descubrindo unha Pontevedra soterrada que non olvidada.

Esta campaña estaba formada por unha exposición exterior en cubos na Avenida de Sta. María, vallas nos puntos a intervenir en Pontevedra e un folleto explicativo das obras e o proxecto de Museo da Cidade.

Historia da cidade 3

Historia da cidade 2

Historia da cidade 1

Historia da cidade valla informativa2

Historia da cidade valla informativa1

Historia da cidade valla folleto3

Historia da cidade valla folleto2

Historia da cidade valla folleto1

Historia da cidade cubos