Marca Institucional Concello de Poio

Durante anos a identidade institucional do Concello de Poio foise desvirtuando e dando lugar a múltiples variacións cromáticas, tipográficas e do propio deseño cun resultado anárquico, confuso, as veces ilexible e pouco serio.

Neste ano 2017 presentamos a nova Marca Institucional do Concello de Poio, unha representación que respecta a identidade e formas orixináis pero buscando a síntese, a representación mínima que englobe todos os significados.

Documentamos a imaxe gráfica do Concello e traballamos da man do Consello de Heráldica de Galicia, partindo da descripción herádica do Informe oficial do BOLETÍN DA REAL ACADEMIA DA HISTORIA (do ano 1975) que di:
De tal sorte, o brasón de Poyo podería organizarse así:
“Escudo de ouro, a palma de sinople, terrazada do mesmo, e cargando sobre ela o cordeiro místico, botado sobre o libro de gules, visto pola canle; co sete selos, de ouro, fileteados de sabre, colgantes de senllas cintas, de azur, o cordeiro tendo o estandarte de prata coa cruz latina, de sabre, ao timbre coroa real, como se propón.”

A esto lle sumamos a investigación no Mosteiro de Poio, fonte de imprescincible para coñecer a historia e o vículo coa cultura deste territorio, ondea topamos un escudo de pedra no seu claustro e un antigo cuño que reflexan os primeiros e principais elementos da identidade do Concello que, o final, foron a base para a configuración da nova marca.

Nun exercicio de sinopse e lixeireza de elementos a marca será representada, na maioría dos casos, a unha soa cor ouro con acabado metalizado, desta maneira acadamos un resultado elegante, de corte institucional e, o mesmo tempo, económico a hora da implantación nos diferentes soportes.

Empregarase de forma xenérica en calquera das súas versións, salvo cando se trate de actos protocolarios ou referidos a alcaldía, para o que se utilizará o escudo oficial.

A tipografía aplicada é a Isaac Sans Serif do deseñador e tipógrafo galego Marcos Dopico.

 

ANTIGUOS ESCUDOS POIO SELLO ANTIGUO POIO SIMBOLO MARCA POIO SIMBOLO LOGOTIPO MARCA POIO TIPOGRAFIA SIMBOLO LOGOTIPO MARCA HORIZONTAL POIO POSITIVO E NEGATIVO CONCELLARIAS FONDO COMBARRO MARCA POIO

 

 

BANDEROLA E MUPI VALLA

PRESENTACION WEB CONCELLO E LOGOTIPO VEHICULO POIO CORPORATIVO