Folleto turístico Rutas dos muíños. Concello de Poio

Galicia é terra de muíños xa que conta con máis de 5.000 muíños fariñeiros rexistrados e o Concello de Poio ven de recuperar algúns dos antigos muíños de auga, tan ligados a subsistencia da humanidade e ao progreso da civilización, en dúas zonas do municipio.

Seguindo estes muíños, que empregan a forza da auga para moer, podemos facer dous percorridos a carón do río que conforman dúas rutas de dificultade baixa, onde se misturan etnografía e naturaleza para dar a coñecer, de primeira man, parte da historia da localidade.

Realizamos un folleto turístico cunhas pequenas pinceladas do seu enfoque construtivo e arquitectónico e os apartados para cada unha das rutas, nun formato alongado que nos remite e segue o trazado dos ríos. Este folleto de man inclúe as localizacións, unhas gráficas explicativas dos trazados así coma unha pequena descrición das características de cada unha delas.

A ruta de de Samieira e unha das agrupacións de muíños de río máis destacadas de Galicia, está formada por un conxunto de 23 construcións nun tramo de aproximadamente tres quilómetros polo río Freiría, ou tamén chamado Rego dos Muíños. Máis info aquí.

A ruta da Freixa, en San Xoán de Poio, percorre o tramo final do Regato da Cancela onde podemos encontrar 7 unidades nun percorrido de menos dun quilómetro. Máis info aquí.

Ruta dos muiños Poio 5

Ruta dos muiños Poio 6

Ruta dos muiños Poio 3

Ruta dos muiños Poio 4

Ruta dos muiños Poio 2

Ruta dos muiños Poio 1