Fisalud. Identidade Corporativa para clínica de fisioterapia

A fisioterapia é unha disciplina da saúde que ofrece unha alternativa terapéutica para tratar múltiples doenzas por medio de exercicio, calor, electricidade, técnicas manuais… destes procedementos ou técnicas a manipulación, mobilización, estiramento ou masaxe son das máis coñecidas por iso abordamos esta identidade partindo de que en Fisalud fan uso das súas mans para organizar o conxunto de pezas que compoñen o corpo e que este poida traballar en harmonía, como unha máquina perfectamente engraxada e coordinada.

Manexan diferentes modalidades e os tratamentos máis innovadores para ofrecer o servizo máis completo e satisfactorio, que permita mellorar a calidade de vida dos seus pacientes, e destacan por tratamentos especiais como fisioterapia uroxinecolóxica, embarazo e posparto, recuperación deportiva con indiba, fisioterapia respiratoria infantil e adulto…

A identidade mostra ese conxunto de pezas do noso corpo: vértebras, ósos, músculos… cos que chegamos fora de lugar e que o equipo de Fisalud devolve ao seu sitio.

Podes consultar os seus servizos en www.fisioterapiafisalud.com e deixache coidar.

GIF-LOGOTIPO-FISALUD

FISALUD SIMBOLO Y LOGOTIPO TARIFAS Y CITAS PORTADA FOLLETO FOLLETO INTERIOR 3 FOLLETO INTERIOR 1FISALUD WEB 2FACHADA NUEVA DETALLE FISALUDFACHADA NUEVA DETALLE FISALUD 2