Exposición Afinidades Selectivas´9

Esta exposición Afinidades Selectivas´9. Aproximacións didácticas e propostas gráficas no proceso creativo, parte no espazo de formación, na convivencia entre os profesores e os estudantes. A visita amosa as afinidades que podemos percibir nos proxectos artísticos de catro docentes e catro alumnos e alumnas da Facultade de Belas Artes do campus de Pontevedra.

Artistas: Begoña Paz – Diego Germade / Cristina Varela – Olalla Osorio / Nono Bandera – Marcos Covelo / Anne Heyvaert – Clara Sobrino.

Neste ano celebrouse a novena edición, de xullo a setembro de 2016 na Casa Galega da Cultura (Vigo).

Para este traballo realizamos unha gráfica baseada nas dúas tipografías da Universidade, unha sobre a outra, entre as dúas crean o 9, pretenden reflectir esa conversa entre alumno e profesor ou profesor e alumno, onde ningún resalta sobre o outro, onde se atopan ao mesmo nivel.

A gráfica foi aplicada a unha lona exterior, a rotulación da sala, un cartel – folleto e o catálogo da exposición.

CARTEL AFINIDADES SELECTIVAS 9 ANVERSO CARTEL AFINIDADES SELECTIVAS 9 REVERSO

AFINIDADES SELECTIVAS 10 ROTULACION AFINIDADES SELECTIVAS 11 ROTULACION

AFINIDADES SELECTIVAS 4 AFINIDADES SELECTIVAS 3 AFINIDADES SELECTIVAS 5 AFINIDADES SELECTIVAS 6 AFINIDADES SELECTIVAS 7 AFINIDADES SELECTIVAS 8 AFINIDADES SELECTIVAS 9