NÓS

ENCANTADOS DE COÑECERTE!.
.
Ola! Somos Esther e Jose… e somos Era Comunicación, un estudo de deseño gráfico e comunicación visual fundado en Pontevedra no ano 2002.
Esforzamonos por poñer en valor a nosa profesión día a día, pensamos que a gráfica comunica, transmite, ordea a información, axúdanos a entender e por iso é unha parte fundamental da vida en sociedade.
Podes imaxinar unha revista na que só haxa textos? Un mundo de marcas blancas, sen señais, sen pictogramas que axuden a poñer a lavadora, sen cores nen tipografías nos carteis e nos libros… Nós tampouco, e por iso o deseño gráfico e a nosa principal razón de ser.
Desenvolvemos proxectos globais e ofertamos unha asesoría e xestión integral de imaxe e comunicación, pechando o círculo para o cliente e entregando os proxectos “chave en man”. Implicámonos en todo o proceso estratéxico e de deseño, dende a idea orixinal ata a creación final, nun entorno axeitado para escoitar as necesidades, estudando caso a caso e aportando solucións adaptadas.
Entendemos o deseño como unha maneira de mellorar o noso entorno, e somos conscientes de que os mellores traballos nacen do esforzo e a paixón. Poñemos a túa disposición o noso coñecemento e experiencia para levar a cabo propostas únicas e de calidade, tanto a nivel estético como funcional.
Se tes un novo proxecto empresarial ou queres modificar un existente, conta con nós!
ESTHER BAILÓN VEGA / Deseñadora
Licenciada en Belas Artes, con especialidade en Deseño e Audiovisuais pola Universidade de Vigo.
Master en Comunicación en Medios Dixitais e Creación de Contidos para Redes Sociais pola Universidade de Vigo.
J. ANTONIO PÉREZ GIL / Deseñador
Graduado en Deseño Gráfico pola Escola Superior de Deseño de Lugo.