Hotel San Vicente. Identidade e web

O Hotel San Vicente atópase nun entorno natural incomparable, nunha paraxe protexida rodeado de árbores e cunha zona axardinada presidida por unha piscina con vistas ao mar: «un espacio único para conectar contigo mismo».

O respecto pola contorna e a conservación do medio ambiente vese reflectido no uso de placas solares, das que procede na súa maioría a enerxía para a auga quente, e no aproveitamento da auga dun manantial propio con propiedades ferruxinosas.

A identidade pretende transmitir esta idea de paraxe natural, desconexión e relax, sendo: bosque – mar – sol

Deseñamos unha web onde prima a simplicidade e a sinxeleza elegante, unha páxina funcional con textos claros e imaxes atractivas onde atopar facilmente a información que busque ou anime a todo visitante.

www.hotelsanvicentepontevedra.com

 

HOTEL SAN VICENTE 1 HOTEL SAN VICENTE 2 HOTEL SAN VICENTE 3



Los comentarios están cerrados.