Mafari e Mafari Café
Redeseño de identidade corporativa da empresa pontevedresa e da súa marca máis coñecida e comercial MAFARI CAFÉ.
Non resulta fácil renovar unha identidade cando está tan presente ao noso redor: nos rótulos das cafeterías, na taza e no sobre de azucre do café, nos coches que distribúen…, unha marca que leva tanto tempo no imaxinario colectivo que é percibida e aceptada case como patrimonio común pola convivencia diaria, sen importar a súa idoneidade, comprensión, lexibilidade, actualidade… renovala sen que perda a súa identidade e o traballo de marca realizado supón un dobre esforzo.
Traballamos sobre os antigos logotipos e anagramas e desenvolvemos todas as adaptacións corporativas de papelería e rotulacións así como a creación da gráfica para diversos packaging: liñas de café, infusións, edulcorantes…
Poderás velas e tocalas en calquera cafetería se pasas por Pontevedra.

Antigo logotipo Mafari

Antigo logotipo Mafari Café