XXIII Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra

Creación de gráfica para a XIII edición do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra, un deseño contundente para abrir o telón que converte a cidade en capital do Jazz durante 6 días.

O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra chega á súa edición número 23, cun programa que trata de seguir a liña que o caracteriza e constitúe o seu sinal de identidade: concertos de artistas
de nivel internacional gratuítos, non só de música de jazz (que supón a maior parte do programa), senón tamén de blues. Como é habitual, prestando, ademais, unha atención especial aos músicos galegos e ás
actividades docentes.

Un deseño colorista como o propio evento que revive cada ano no mes de xullo e fai resplandecer a cidade coa súa música inundando rúas e prazas.

CARTEL FESTIVAL JAZZ E BLUES 2015



Los comentarios están cerrados.