SELECTA Inmobiliaria
Selecta Inmobiliaria, entra no mercado inmobiliario en Pontevedra cunha serie de premisas claras: unha nova inmobiliaria cunha unha nova maneira de facer as cousas primando a honestidade e a transparencia, buscando sempre a complicidade e a confianza cos seus clientes.
Situada no centro da cidade pero non a pé de rúa plantexa un gran reto darlle visivilidade e recoñecemento de marca en pouco tempo e nun sector tan competitivo e saturado. Outro desafío é facer da súa web un escaparate virtual que substitúa o típico do resto de inmobiliarias, polo que precisa dunha imaxe potente e diferenciadora pero co toque xove, alegre e innovador que lle aporta a súa creadora.
Buscamos unha identidade nova, viva, transparente e divertida, que se afasta do pouco atractivo mundo inmobiliario e que acaba presentando o feito de adquirir ou alquilar unha vivenda coma un agasallo… «un agasallo para a miña vida».
Naming, deseño de anagrama e logotipo, papelería e aplicacións varias. Deseño de estrutura, usabilidade e gráfica da súa web.