Cartel para concurso El diseño crea igualdad

Cartel preseleccionado na I Edición Premio “El diseño crea igualdad” 2004convocado polo Instituto de la Mujer, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.

A igualdade de xénero é unha das bandeiras do noso estudio, unha parella da man é o primeiro que che recibe ao entrar (podes velo nas fotos das instalacións) e esa igualdade vese reflectida no noso traballo. Realmente é algo que nunca tivemos que falar nin plantexar cando creamos Era Comunicación xa que ningún dos dous concibimos a vida doutro xeito. Por iso, cando recibimos a convocatoria para este concurso estatal apeteceunos moito preparar unha proposta e a preselección do mesmo considerámola como un gran premio.
Dita preselección do cartel supuxo que formase parte dunha exposición realizada no Círculo de Belas Artes de Madrid en marzo de 2004 e que fose publicado no catálogo da mesma.



Los comentarios están cerrados.