NÓS

FOTO ESTUDIO ERA 2

 

O deseño gráfico é a nosa razón de ser. Dende o ano 2002 en Era asumimos cada proxecto como un reto, una oportunidade de innovar e buscar a solución de deseño diferenciadora.

O noso traballo vai orientado a aqueles clientes apaixoados que buscan unha nova linguaxe visual para o seu proxecto. Aqueles cos que contaxiarnos do seu entusiasmo e aos que acompañar cara ao éxito na súa nova andadura.

Pensamos e traballamos duro para lograr as solucións e experiencias idóneas en cada caso. Somos conscientes de que o deseño provoca emocións e nós buscamos as mellores. Así chegamos con cabeza e corazón.

 

CONTACTO_ERA

 

 

 

PREMIOS E MENCIÓNS

 

Festa do Mar 2015

20 Anos. Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra

Artistas. Universidade de Vigo

 

 

 

ERA ESTHER

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ESTHER BAILÓN / Deseñadora

Licenciada en Belas Artes, con especialidade en Deseño e Audiovisuais pola Universidade de Vigo. Namorada do sol e o aire libre, a lectura, as tardes de terraza e de ir a festivais de música co seu compañeiro de estudio.

 

 

era-jose-2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

J. ANTONIO PÉREZ GIL / Deseñador

Graduado en Deseño Gráfico pola Escola Superior de Deseño de Lugo. Xa levaba 4 anos de experiencia en diferentes estudios cando se embarcou na creación do seu. Melómano  incondicional considera que calquera momento é bo para escoitar música en directo.

 

 

 

Somos socios da DAG

DAG-Asociación Galega de Deseñadores



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR